domingo, 2 de diciembre de 2012

Entrevista a Aurelio Núñez Centeno, deputado do PP




Neste novo post queremos dar a coñecer a visión de outras das partes implicadas no conflito, a Xunta. Para isto fixémoslle unha breve entrevista ao novo parlamentario do PP, Aurelio Núñez Centeno. Con orixes no municipio de Ponteceso aínda que nado na Coruña, Aurelio Núñez traballou como médico durante máis de 20 anos en Carballo, cargo que abandonou recentemente para adicarse á política.


-Antes de nada, está de acordo coa mina? E por que?
Estou a favor, como estou a favor de calquer iniciativa que xere empleo sempre e cando respete a normativa medioambiental.

-Que cambios pensa que vai a producir sobre a comarca?
O cambio fundamental  será a xeración de postos de traballo na propia empresa y nas empresas auxiliares e a mellora económica da zona. Ademáis pode ser un referente importante na situación actual de crise.

-Cree que isto pode atraer a máis industrias para a zona?
Cabe a posibilidade de que se dé a coñecer máis a zona e que atraia a máis empresas para que se instalen nos polígonos da zona, por exemplo.

-Por que motivo se decidiu considerar a mina de Corcoesto un proxecto estratéxico?
Facilitar os trámites e acortar os plazos legais dentro da normativa vixente para poñer en funcionamento a empresa pola importancia que terá na comarca nos tempos que estamos.

-Non pensa que as facilidades tamén se lle deberían dar a outro tipo de industrias?
Por suposto. Un dos problemas no momento actual é o complexo sistema burocrático e a perda de tempo para abrir negocios. Hai que facer as cousas con prespectiva de futuro como ocorre cos polígonos da zona como o de Bértoa ou da Laracha. Son unha inversión e ,aínda que na actualidade non se lle esté a dar uso, unha vez entre en funcionamento o Porto Exterior da Coruña Bergantiños xa contará cos medios para atraer as empresas relacionadas ca porto. Creo que esto é unha oportunidade para a zona.

-Que lle diría a xente que se opón a apertura da mina?
Que están no seu dereito, que expoñan as súas razóns e que se realmente se fai a mina vanse a comprobar que se cumple toda a normativa vixente. 

-Que alternativas presentaría a zona unha vez se cerre a mina?
A apertura da mina non evita que se instalen outras empresas que sexan máis duradeiras e polo que tamén apostamos.

-Crees que podería acontecer algo semellante ao que pasou fai anos coa oposición a instalación dunha industria de celulosa na ría de Ponteceso ?
Nese caso considero que había tanto ou máis apoio á instalación da celulosa que oposición pero os que sairon a protestar aínda sendo menos fixeron que non se concretara. Loxicamente agora a situación sería máis ventaxosa porque existen uns controis maiores e o perigo é menor. A veces a creación de unha infraestructura ou dunha industria ten un impacto, nalgúns caso moi pequeno, e a xente oponso como sucedeu coa AP-9 aínda que ninguén dubide agora dos seus beneficios. Tamén pasou algo parecido ao da celulosa coa a piscifactoría que se pretendía instalar en Touriñán e que finalmente está en Portugal, o que fixo que se perderan 800 postos de traballo.

-Xa para rematar non preferiría que a industria que se instalara fora de outro tipo (tecnolóxica, loxística...)?
Non é unha contra outra, é unha e outra. Toda indutria é boa mentres non se demostre o contrario se respeta as normas.



Como podedes ver nas distintas entradas as opinións sobre a mina de Corcoesto son moi distintas. Vos que pensades?



Firmado: Daniel

9 comentarios:

  1. Creo que isto reafirma que o único que se fai é defender este proxecto baixo o paraugas de que hai crise e así xéranse empregos. Que se respecten as normas é algo case abstracto cando vemos que un partido político que goberna en maioría defende sistemáticamente o proxecto cun único argumento de xerar emprego, as normas son relativas e flexíbeis en casos coma este. Isto parece o noso pequeno Eurovegas en versión industrial.

    ResponderEliminar
  2. http://www.eluniversal.com.co/cartagena/vida-sana/riesgos-de-salud-en-la-explotacion-de-oro-8101

    A este señor digolle que pinche neste enlace ou nun dos centos que aparecen na rede e se informe do que supón en realidade a apertura dunha mina de ouro.

    As compañias mineiras so venden fume, rouban a riqueza do noso solo e marchan deixando a terra e a auga totalmente contaminada, coas terribles consecuencias que iso supon para todos nos.

    A ver se nos olvidamos do "todo vale" por ter uns postos de traballo.
    Coidemos da nosa terra porque é un préstamo dos nosos fillos, netos...

    ResponderEliminar
  3. Para o que queira informarse: http://genteconconciencia.es/blog/?p=6336

    ResponderEliminar
  4. Boa entrevista. Sobretodo para aportar unha visión distinta ás que se deron ata o momento, e para dar unha visión plural e xerar algo de debate. Ahora persoalmente creo que destruir toda unha zona para crear uns cantos postos de traballo é un prezo moi alto. Lendo a entrevista dame a sensación dunha falta de coñecemento ou falta de preocupación polo que ocurrirá e parece unha decisión tomada moi á lixeira. Veremos que pasa.

    ResponderEliminar
  5. Interesante entrevista para coñecer outra opinión sobre o tema, neste caso unha postura favorable a apertura da mina dende unha perspectiva política ideolóxicamente afin ao proxecto e que o apoiou dende os seus comezos.

    Pero, como xa comentou Arturo, non creo que mereza a pena destruir un entorno natural por uns cantos postos de traballo que aínda está por ver que se concedan na zona. Tamén teño serias dúbidas acerca de que a mina exerza unfa forza de atracción suficiente para que se localizen no seu entorno outras empresas ou polígonos como suxire que pode pasar o entrevistado, sobre todo porque é unha instalación temporal, ata que se acabe a beta de ouro.

    ResponderEliminar
  6. Que facil é falar para os políticos! Neste caso soa a coma se inxectáronlles o discurso en vea. O seu porbreza de argumentos é manifesta. E o seu descoñecemento do problema, aínda maior. Os políticos do partido gobernante nin sequera tiveron a deferencia de pór o pé en Corcoesto, para falar cos veciños e saber o que pensan, o cal demostra o absoluto desprezo que senten por eles. E refírome a políticos dunha certa talla.
    Estou totalmente de acordo cos comentarios que preceden a este. E engado: cando a destrución sexa un feito, os señores políticos que contribuíron a ela, mirarán a outra parte e faranse "os suecos". Aos veciños de Corcoesto "que nos zurzan". Ás familias que lograron reunir un pequeno patrimonio (que eu saiba non hai millonarios en Corcoesto), co esforzo de xeracións, agora quítaselles e a outra cosa bolboreta. Chegamos ao momento de que a propiedade privada, para a xente do montón (sempre hai clases), deixou de existir. O grao de indefensión é maiúsculo.
    Felicitacións aos promotores do Blog, polo traballo realizado.

    ResponderEliminar
  7. Moitos parabéns pola entrevista!. Atención coa obsrvación do que acontece coas minas de ouro noutros lugares. Tedes a Rede para investigar.

    Como interpretades o dicurso político? por que?

    Atención co que comenta Carmén sobre a falla de diálogo directo entre veciños e políticos. Hai que indagar ao respecto.

    ResponderEliminar
  8. A todos os currantes deste blog: creo que non deberiades deixar de lado o asunto dos espazos protexidos (LIC, ZEPA, outros), en relación con este tipo de explotacións Serven para algo? Son unha total ou case total "parafernalia"? Non deberiamos perder de vista os recursos empregados, por parte de todas as Administracións -europea, estatal, autonómica e local, nestes labores. Non é máis que unha suxestión.

    ResponderEliminar
  9. Nun momento da entrevista, vexo a seguinte pregunta: " -Por que motivo se decidiu considerar a mina de Corcoesto un proxecto estratéxico?"
    Que eu saiba, aínda non saíu no DOG a consideración de proxecto estratéxico por parte da Xunta.
    A empresa o que fixo foi presentar, no seu día, o proxecto para a súa aprobación como estratéxico, ao tempo q presentaba o estudo de impacto ambiental, nunha tramitación un tanto...curiosa. Esa aprobación aínda non se deu por parte da Xunta. Ou, se alguén di o contrario, por favor que poña a ligazón ao DOG no que foi publicada.
    "Que expoñan as súas razóns", di o señor Aurelio. Xa o facemos, Aurelio. Que se nos queira escoitar desde a Administración é cousa ben distinta.
    Tampouco escoita a empresa, claro. Non tes máis q ver que lle ofrecemos un debate público, un corpo a corpo, e rexeitouno...De que ten medo a empresa? Ou acaso sabe que non ten argumentos que opoñer aos da Plataforma veciñal?

    ResponderEliminar