lunes, 15 de octubre de 2012

Interese da investigación




A elección da Mina de Corcoesto como tema de investigación do blog veu motivada por distintos intereses que serán explicados neste novo post.

A magnitude da explotación mineira terá unhas enormes repercusións sobre a zona. A idea é ter unha visión de conxunto de todos os problemas relacionados coa mina e coas partes afectadas polo proxecto. 

Por unha banda, a investigación levaranos a tratar de coñecer os intereses económicos, ben sexa de veciños, institucións ( Concellos, Xunta de Galicia, o Estado...) ou da empresa explotadora do xacemento, así como a coxuntura económica internacional que reavivou o interese polo ouro.

Outro punto a tratar é o impacto medioambiental sobre a zona e as posible consecuencias sobre a flora, a fauna, as augas a paisaxe... así como os movementos en defensa destos e a súa relación coa economía.

Os dous puntos anteriores permitennos ver a confrotación entre as partes implicadas, por un lado as que están a favor da explotación e os que están en contra, ben sexan por intereses económicos ou ambientais.

Tamén é de interese o marco legal ao que está suxeito a explotación e os problemas xudiciais nos que se está vendo involucrada así como a estraña organización da empresa explotadora.

Xa para rematar e tras comparar con casos xa existentes intentarase facer conclusións que permitan coñecer se a mina vai a ter ou non unha influencia salientable na zona.

Estes son os punto básicos que plantexamos para elaborar a investigación, pero estamos abertos a incorporar novos temas durante o transcurso do estudo a medida que vaiamos coñecendo mellor o que en Corcoesto está a acontecer, así como tamén estamos abertos as suxerencias que nos podan chegar a través dos comentarios e da interacción no blog.


Presentación e logotipo de Girondgal



Queremos aproveitar este primeiro post para presentarnos. Girondgal nace da unión das palabras que dan nome as rexións orixinarias dos membros do grupo, Julien de Bordeaux na Gironda (Francia), e os demais de Galiza.

Ao longo dos próximos meses trataremos de facer unha análise crítica sobre o conflicto xerado arredor da reapertura da mina de ouro de Corcoesto en Cabana de Bergantiños, aportando o maior número de puntos de vista afectados directamente por este proxecto.

Nesta ocasión gustaríanos dar a coñecer o noso logotipo e as razóns do seu deseño. Este xurde a partir do desencadeante do conflito que trataremos na nosa investigación , o ouro. O logotipo, como creemos que é evidente, representa uns lingotes vistos de perfil que constitúen a imaxe máis común e recoñecible do mineral dourado.

As cores elixidas foron o amarelo e o verde, o primeiro, como acabamos de dicir, está relacionado coa imaxe que se ten do ouro. A segunda cor, o verde, foi elixido porque normalmente está asociado co medioambiente e a natureza, dous aspectos que se ven directamente afectados pola apertura da mina.

De esta forma tratamos de representar os intereses contrapostos no conflito a estudar, por un lado o beneficio e prosperidade económica da zona, e por outro a defensa do medio.

Esperemos que éste blog sirva como punto de información e debate para calquera interesado no tema.