jueves, 22 de noviembre de 2012

Presentación e datos sobre o proxecto

Neste breve post tentaremos dar unha visión xeral e descriptiva sobre o proxecto da mina de ouro de Corcoesto e non afondaremos na problemática e o conflicto xerado entre as distintas partes implicadas.

A mina situaríase en Corcoesto, unha parroquia do municipio de Cabana de Bergantiños, na Costa da Morte e a 60 km da cidade de A Coruña. A mina ocuparía espazos de uso agrícola, gandeiro e forestal e estaría moi preto de núcleos de poboación como Montefurado ou Castro así como do río Anllóns.

Futuro emprazamento da mina
A explotación sería a ceo aberto e ocuparía arredor de 700 ha e cun diámetro de entre 1,5 km y 2 km. Nela existirían tres pozos dos que se extraería o mineral: Pozo do Inglés, Pozo de Picotos e o Pozo de Petón do Lobo.

Ademáis da mina propiamente dita a explotación precisará dunha balsa de lodos que conterá 17 millóns de toneladas de materiais extractivos dos cales boa parte sería auga e cianuro necesarias para o tratamento do mineral. Tamén serán necesarias plantas de tratamento, edificios auxiliares e infraestructuras viarias e de suministro de enerxía.

Espacios ocupados pola explotación.
Aínda que nun principio a mina é a ceo aberto contémplase a posibilidade de que se poida
continuar explotando mediante un sistema de galerías.

Unha vez acabada a explotación da mina a empresa conta cun plan de recuperación co fin de devolver a zona ás características medioambientais coas que conta na actudalidade. Esto implicaría o recheo progresivo dos furados creados para extraer o mineral, unha reforestación da zona con especies autóctonas e a anegación do pozo de Petón do Lobo.

Según datos da empresa Edgewater Exploration, promotora do proxecto, cunha inversión inicial de 135 millóns de dólares e cunha vida útil da mina de case 10 anos, esperan producir unha cantidade de algo máis de 100 mil onzas de ouro anuáis que reportaría unha media de ingresos anuáis netos de 60 millóns de dólares.

En canto os datos medioambientais e de contaminación da mina facilitarémolos nunha próxima entrada que adicaremos exclusivamente a iso.



A continuación deixámosvos dous vídeos explicativos. Un realizado pola empresa que amosa os principais rasgos da mina dunha forma máis gráfica. E o segundo, un reportaxe da TVG, máis concretamente do programa Reporteiros, no que podemos observar unha visión xeral do proxecto así como o conflicto entre as distintas partes interesadas.

Edgewater Exploration Corcoesto Gold Project Overview




Reporteiros TVG






A mairoría dos datos que aportamos neste post foron facilitados pola empresa Edgewater Exploration, a pregunta é podémonos fiar deles? A vós que vos parece?


Firmado: Arturo y Daniel.

5 comentarios:

  1. Na miña opinión, os datos relativos a superficies, vida útil, investimentos...non terían por que non ser fiables.
    Outra cousa é o cálculo de onzas de ouro a extraer, q é un cálculo inferido, e polo tanto cunha fiabilidade un tanto dubidosa.
    Devolver a zona ás características medioambientais coas que conta na actualidade, é, penso eu, imposible.
    É como falar de curar unha enorme ferida curando só a superficie. As augas non volverán estar no seu sitio, o solo e especialmente o subsolo non terá as condicións que ten agora.
    Nela

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida os datos de tamaño, superficie, vida útil e investimentos, son datos reais e fiables. As perspectivas da empresa son as que eles citan no proxecto, máis idealistas ou menos pero na teoría é o que esperan obter. No que eu persoalmente son máis escéptico, supoño que igual ca ti é no tema da restauración da zona, non me cabe dubida de que en caso de que se fixera a mina e contrario o que din eles o territorio quedará estragado e por iso penso que é un proxecto tremendamente negativo. De ahí ese comentario final, pretendía ser algo incisivo e sembrar algo de debate sobre ese tema da recuperación da zona.

    Firmado: Arturo

    ResponderEliminar
  3. Paréceme un artigo realmente bo para facernos unha idea das dimensións e impacto do proxecto. Como xa teño manifestado neste espazo, estou decididamente en contra da mina e creo que se trata dunha enorme aberración. Ademáis estou a favor co que dixestes por aquí; o medio xamáis podería ser recuperado. Os argumentos que se usan a favor da mina van todos no senso de que "así da traballo", "despois péchase", "o ouro aproveitaríase"... e en definitiva van todos agarrados da man da cegueira á que as crises someten ás sociedades. Desenvolver, iso implica facelo con sostibilidade, arrasar 700 hectáreas para que os canadienses leven o ouro dándolle traballo en a saber que condicións a algúns veciños e logo tapar todo de mala maneira e marchar é a antítese do desenvolvemento sostíbel. Que futuro lle esperaría a Corcoesto máis ca ser un fósil da cobiza ancorado no noroeste galego?

    ResponderEliminar
  4. Ó igual que o comentado con anterioridade, parece un artigo moi bo para mostrar unha imaxe da importancia deste proxecto. Pero ó contrario que o dito antes creo que na actual situación económica na que nos atopamos,a posta en funcionamento desta mina daría un gran impulso económico a moitos sectores provinciais así como a creación de emprego o que facilitaría as condicións de vida de moita familias. Porén creo que a posta en marcha deste proxecto sería un gran acerto.

    ResponderEliminar
  5. Alegranos que vos parecese un bo post e que vos servira para comprender un pouco mellor o que vai a acontecer en Corcoesto. Tentaremos seguirvos informando sobre o conflicto nas vindeiras entradas e esperamos que sigades dandonos a vosa opinión.

    Firmado: Daniel

    ResponderEliminar