viernes, 7 de diciembre de 2012

Entrevista a Alba Nogueira


O pasado día 27 de Novembro os membros de Girondgal acudimos á Facultade de Dereito para entrevistarnos coa profesora Alba Nogueira sobre cuestións relacionadas coa Mina de Corcoesto, centrándonos, sobre todo, na parte máis lexistaltivo - ambiental.


¿ Quen é Alba Nogueira ?



Alba Nogueira López é na actualidade Profesora Titular de Universidade de Dereito Administrativo e Secretaria da Facultade de Dereito. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago en 1991, realizou tamén unha Licence en Dereito Europeo e Internacional (opción: Droit européen) na Université Catholique de Louvain (setembro 1992 - xuño 1993). Ademáis cursou estudios de especialización en materia de urbanismo e medio ambiente.

Doutora desde 1997 cunha tese sobre o "Réxime xurídico das auditorías ambientais", dirixida polo Prof. Carro Fernández-Valmayor, realizada co apoio dunha bolsa de FPI e pola que obtivo o Premio IurisGamma de Teses Doutorais. A formación investigadora completouse con diversas estadías en centros de investigación e universidades estatais e extranxeiros (Colexio de Europa de Bruxas ,Instituto del Agua y de las Ciencias Ambientales na Universidade de Alicante, Universidade de Harvard,Centre for Environmental Technology do Imperial College de Londres…) e a participación en proxectos financiados pola DGICYT, a Xunta de Galicia e o programa STRIDE da Unión Europea. Participa como experta no Steering Committee On Local And Regional Democracy do Consello de Europa. É membro do Observatorio de Políticas Ambientales e do Observatorio Galego de dereitos lingüísticos.

As liñas de investigación principal encádranse no Dereito ambiental, Dereito Administrativo Económico, dereitos lingüísticos, Dereito do Turismo e Dereito Público Autonómico.




ENTREVISTA:


P - ¿ Que ten de diferente este proxecto para que a Xunta o declararse proxecto estratéxico ?

R – Os proxectos estratéxicos son unha vía que ten a Xunta para eludir certos controis municipais. O decreto de supramunicipalidade é o que permitia eso e agora ten unha lei da Xunta que recolle o que decía ese decreto. Esta foi aprobada para sacar a Ence do control de Pontevedra , Ence necesitaba licenza urbanística e someterse aos controis municipais, entón declarouse proxecto supramunicipal (os agora estratéixcos) que o que fai é darlle ventaxas administrativas en canto a tramitación, privilexios en materia de expropiación, dalle preferencia na tramitación de axudas e impidelle ao concello opoñerse a esa industria incluso obrigandoo a cambiar o plan urbanístico si esta se atopa en unha zona verde.



P - ¿ Podería a empresa expropiar os terreos (enténdese con autorización da Xunta) en caso de non poder compralos ?

Si, sería unha expropiación por causa de interese social, non para uso público, polo que terían que motivar que ten ese interese social alegando que xenera emprego, produce unha actividade económica nunha comarca deprimida, etc. Esta motivación é recurrible e revisable pero poderían facelo, unha vez feito esto tramitariase un procedemento de expropiación, declárase de utilidade pública, declárase a necesidade de ocupación dos terreos, iníciase o procedemento de tasación e expropias.



P - ¿ A expropiación sería levaba a cabo pola Xunta por ser declarada proxecto estratéxico ?

Si, as expropiacións só as pode levar a cabo unha administración pública, pero o que pode facer tamén é expropiar para outros, o titutar da empresa eólica, o propietaria da mina, etc. O concello tamén o podería facer pero ao ser un proxecto estratéxico o normal é que expropie a Xunta.



P - ¿ A empresa ten a obriga de garantir un número de empregos na zona ?

Non, non necesariamente, eso dependera tamén das condicións que acorde a Xunta con ela, é dicir, poderían utilizar a declaración de proxecto estratéxico como unha especia de compensación a cambio de que o fagan, pero non ten porque ser asi.



P – Entón ¿ Poden decir que crea emprego e logo non ser certo ?

Pode ser, moitas veces neste tipos de proxecto é o que sucede, por exemplo nos parques eólicos din que crea moito emprego pero únicamente durante a fase de construcción xa que posteriormente, na fase de explotación, pode empregar a unhas poucas persoas da rexión en traballos de mantemento pero os demais adoitan ser técnicos que non existen na zona. Ademais, no caso da mina pode resultar que a beta non é o que parece e se peche e punto.



P-¿ Por que sabendo que a explotación incumple normas medioambientais a Xunta o permite ?

*Adicaremos un post futuro a explicar os problemas e normas medoambientais que a empresa incumple ou pode xerar.

Bueno, porque xa ten sucedido no pasado, non é que estemos ante unha administración campeona da protección do medio ambiente. A propia configuración organizativa da Xunta fai que o medio ambiente sexa unha competencia de segunda. Cando había unha Consellería de Medio Ambiente existia un conselleiro que polo menos tiña que pelearse polas suas competencias, hoxe en día non hai consellería, é unha simple Dirección Xeral nunha Consellería de Infraestructuras, esa é a consellería que temos. Eso ao final marca carácter e a hora de ir a pelexarse co conselleiro que leva minas, o Conselleiro de Industria, a pelexa é entre un director xeral e un conselleiro donde este último leva as de perder, non é unha cuestión menos que non exista unha Consellería de Medio Ambiente como se pode ver en todas as decisión tomadas nos últimos tempos: derrogación da moratoria que impedía construir nos primeiros 500 metros de costa, plan de ordenación do litoral que xa sabemos como foi, camiño cara á continuidade de Ence, medidas que deixan moito que desexar.



P - ¿ A declaración de proxecto estratéxico solicitao a empresa ou concedello a Xunta ?


Procedemento de declaración: O procedemento para a declaración dunha proposta de investimento iniciarase por instancia de parte mediante a solicitude da empresa interesada dirixida á Consellería competente en materia de industria.

Efectos da declaración: A declaración dunha proposta de investimento como Proxecto Industrial Estratéxico autorizara á implantación deste e ademais tera os seguintes efectos. A aprobación do proxecto de implantación ou da ampliación da instalación industrial, a non suxeición a licenza urbanística municipal, a declaración de utilidade pública e de interese social como proxecto industrial estratéxico así como a necesidade e urxencia* da ocupación dos bens e dos dereitos afectados dos que o solicitante da declaración teña condición de beneficiario da expropiación.

O procedemento de urxencia na expropiación quere decir que podes facerte cos terreos incluso antes de indemnizar aos propietarios.



P - ¿ En caso de que se presentara un recurso á expropiación e este lle dera a razón aos propietarios ?

Esto ocorreu recentemente nas expropiacións do aeroporto de Alvedro e nas da presa do Río Umia. Pode suceder que se declare que non existía tal urxencia, que non está motivada a urxencia, que non había necesidade de expropiación ou que non está motivada a causa de interese social ou pública. Si esto sucede cando a explotación xa está en marcha os xuices adoitan decretar indemnizacións para os propietarios, pero xa non se lles poderían devolver os seus terreos.



P - ¿ Se existise algún problema ou risco ambiental teria algunha responsabilidade legal a Xunta xa que foi quen concedeu a licenza e a declaración como proxecto estratéxico ?

En Galiza existen as cuestións da fianza e ambiental e a Lei de Responsabilidade Ambiental que implicaría que a partir dun determinado nivel de risco debería existir un seguro para cubrir esas eventualidades. Agora ben, na Lei de Responsabilidade Ambiental esta previsto que todos aqueles danos que se ocasionen amparados por unha autorización, é dicir, imaxinemos que si a autorización permite usar cianuro os danos provocados por este producto non son responsabilidade da instalación e, polo tanto, poderían selo da administración. Si alguén acaba con problemas de saude ou coas colleitas contaminadas e, cando reclama, a empresa é capaz de demostrar que a administración lle permite actuar de esa forma mediante a autorización o afectado podería ir contra esta que é quen ten a responsabilidade última.



P - Entón ¿ a Administración esta xogando con lume ?

Si, sobre todo porque un dos chamados delitos ecolóxicos e o de prevaricación ambiental que di que a autoridade pública que ampare a sabiendas coas suas decisións un dano ambiental pode ir ó cárcere, están previstos ata catro anos de cárcere. Se ti asinas unha licenza e participas nunha toma de decisión donde eres consciente de que estás tomando unha decisión nociva para o medio ambiente si alguén te leva a un xuizo pode ganalo, de feito hai alcaldes con penas de prisión por omitir os seus deberes de vixiancia sobre unha granxa con emisión de vertidos de purins.



P – ¿ Si a empresa afectara a outras explotacións ganadeiras, forestais ou de calquera tipo us afectado deberían denunciar para recibir unha indemnización ?

Si, eses afectados poderían denunciar os posibles efectos nocivos que teña sobre os seus terreos, as suas colleitas, o seo ganado ou a sua propia saude. Para gañar o procedemento deberían demostrar a relación causa – efecto dos danos coa explotación.



P - ¿ Existe algunha forma a día de hoxe para que os afectados, os que estan en contra da mina, poidan parar o proxecto ?

Poderían ir recurriendo todo o que se fai no proxecto, igual que fixo ADEGA recurrindo a avaliación de impacto ambiental ou a autorización do proxecto, poden facelo os propios afectados. Unha vez acabada a vía administrativa de recursos poderían acudir á vía xudicial.



P - ¿ Que obligacións legais ten a empresa de recuperar a zona posteriormente ?

En minas, como é o caso, hai unha normativa de recuperación dos espazos, hai unha lei de ordenación da minería de Galiza de 2007 da cal fun autora do borrador do proxecto. Esta lei contempla a necesidade de recuperar os espazos mineiros e obriga a presentar o plan de recuperación no momento en que se autoriza a explotación, habería unha obriga total.

Ademais desta lei existe unha normativa comunitaria posterior que fala de como recoller os residuos mineiros, é dicir, que en esta materia hai normativa, outra cousa é que se aplique xa que podemos ver o caso da extracción de lousa en Valdeorras onde a Xunta non vixia a obrigación de recuperación do espazo.



P - ¿ A Xunta levará a cabo algún tipo de controis sobre a contaminación ?

A xunta ten tanto a obrigación e competencia de controlar a recuperación do espacio como a contaminación provocada, por exemplo, en vertidos as augas dun río público. Existen incluso competencias de seguridade mineira sobre as condicións das instalacións, a problemática balsa de lodos para a que sirve de exemplo a de Alumina Aluminio, todas estas cuestións poden ser inspeccionadas pola administración.



Esperamos que esta entrevista siga engadindo máis puntos de vista e opinións ao debate e arroxe algo de luz sobre a parte medioambiental do proxecto. ¿ Vós que opinades ?




Firmado: Miguel Núñez Torres, Arturo Pérez González, Julien Labarbe, Daniel Barreiro Quintáns.

6 comentarios:

  1. Esta entrevista pareceme especialmente interesante por dous motivos. Un porque se contrapone totalmente á anterior de Aurelio e así permite ver dous puntos de vista opostos dunha maneira moi clara e xerar un debate. A outra e porque resulta interesante para que os interesados e afectados coñezan algo máis dos seus dereitos así como a forma de obrar da Xunta noutros casos. Espero que resulte interesante para os demáis.

    ResponderEliminar
  2. Boa entrevista e bo traballo, aínda que o que se transmite é desolador. Hai leis que regulan esta actividade, pero a vantaxe é sempre para as Administracións e para as Empresas Mineiras. Iso non vai significar que, neste caso concreto, os veciños vaiámonos a quedar de brazos cruzados, pero porque temos moitos ánimos e moral. Como sempre "o mundo ao revés": os políticos deciden o que debe ser bo para os cidadáns, sen consultar con eles. Pero señores ¡isto é a democracia en España e en Galicia!

    ResponderEliminar
  3. Moi boa entrevista. Unhas declaracións dunha doutora en dereito como Alba Nogueira parécenme imprescindíbeis nun caso coma este, e creo que até hoxe son as que nos fan ver con máis claridade cal é a situación; existe un forte interese por parte da administración, que cómo ben se dixo, está a "xogar con lume".

    ResponderEliminar
  4. Paréceme excelente.
    Non me queda claro que é o q se lle debe recomendar a unha persoa q ten terreos alí. A empresa está repartindo unha carta na que urxe aos propietarios a vender, ameazando con q, de non facelo, expropiaráselle por moitos menos cartos. É iso certo? Quedo sen saber o que lle recomendaría Alba Nogueira a alguén q teña uns ferrados de monte en Corcoesto.

    ResponderEliminar
  5. " - ¿ A empresa ten a obriga de garantir un número de empregos na zona ?"
    Alba di que non. Eu sosteño que si. Para que o proxecto acade a consideración de estratéxico, a Lei reguladora da política industrial de Galicia (esa especie de "patente de corso") di que terán que ser máis de 250. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120102/AnuncioC3B0-231211-10279_es.html
    Capítulo III
    Los proyectos industriales estratégicos
    Artículo 40. Delimitación.
    2. A efectos de la declaración de una propuesta de inversión como proyecto industrial estratégico y para determinar su incidencia significativa en el tejido industrial gallego o el grado de consolidación del mismo, se tendrá en cuenta:
    b) El volumen de inversión, que habrá de ser como mínimo de 50 millones de euros; el nivel de creación de empleo, que habrá de ser SUPERIOR A 250 PUESTOS DE TRABAJO DIRECTOS; y la diversificación que se introduzca en el tejido industrial gallego."
    Parece que si ten que garantilos, non?

    ResponderEliminar
  6. Paréceme unha entrevista bastante interesante, xa que Alba fala dende outro ponto de vista que para min é o menos coñecido. Penso que o tema das expropiacións forzosas non está ben, e máis se logo a empresa non vai dar postos de emprego aos veciños da zona.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar