miércoles, 16 de enero de 2013

Conclusións

Ao longo de este proxecto poidemos ir coñecendo a realidade do que está a pasar no conflicto xerado pola mina de Corcoesto o que nos permitiu sacar unha serie de conclusións. Así neste último post queremos plantexar unha reflexión final sobre o estudo.

Unha das ideas que sae a relucir de maneira máis fácil é a de que o beneficio económico non vai a quedar na zona. Os habitantes de Corcoesto so se van a ver beneficiados se son traballadores da mina ou traballan nalgunha empresa dependente dela (como pode ser un bar ou un restaurante). Aínda así o beneficio obtido será ínfimo se se compara co que vai a obter a empresa que destruirá o medio en Corcoesto para levarse os cartos a Canadá.

Outra consecuencia clara é o impacto ambiental e paisaxístico como se puido ver nas diversas entradas do blog e do que xa pouco podemos decir que non dixéramos xa.

Como xa dixemos na entrada anterior do blog existe un amplio grupo de veciños a favor da mina aínda que os contrarios sexan máis mediáticos xa que os que ven ben a mina non precisan de manifestarse. Isto supuxo unha sorpresa para nos que so coñeciamos o lado mediatico do conflicto.

O que non foi unha sorpresa para nos foi a existencia de uns intereses políticos en base a crecemento económico e non a protección do medio ambiente. Tanto a Xunta de Galicia como o Partido Popular como a corporación municipal de Cabana de Bergantiños son os principais apoios da empresa tal e como esta afirma na súa páxina.

A última conclusión que extraemos do noso traballo é que existe unha clara influencia da situación de crise na visión positiva da mina. Non cremos que nun situación de bonanza económica como a de fai uns anos en España tanto a xente como as Institucións fosen a aceptar unha explotación como esta.

A parte de todo isto hai cousas que non sabemos como seguirán o seu curso. Por un lado a apertura da mina está moi condicionada polo precio do ouro, pero que pasará se o precio do ouro baixa e a mina deixa de ser rentable? Pecharía? E os traballos? E o dano ambiental?

Tamén nos preguntamos porque ten que vir unha empresa estranxeira a explotar a mina e a levarse os beneficios fora e se non existen en Galicia os coñecementos e o capital suficiente para levalo a cabo.

Xa para rematar, moitas grazas pola vosa atención e esperamos que o blog vos parecese interesante e vos permitise coñecer a mellor a situación.



Firmado: Daniel Barreiro, Miguel Nuñez, Arturo Pérez e Julien Labarbe.



1 comentario:

  1. Aínda que unha sexa consciente das vosas limitacións, a idea que a unha se lle queda é a seguinte: empezastes cun enorme ánimo, que ha ir caendo aos poucos e, finalmente, cortastes de raíz e finalizado. Dá a sensación de que é algo que tiñades que facer e que chegado un punto, había que finalizar e punto pelota. Os lectores do voso Blog quedámonos cunha sensación moi estraña. Esperemos que polo menos servise para que vós obtivésedes unha cualificación razoable. Saúdos.

    ResponderEliminar