
O día 6 de Decembro desprazámonos a parroquia de Corcoesto para coñecer máis de preto o conflicto e as opinións dos principais afectados, tamén para visitar o emprazamento da futura explotación.
O primeiro lugar ó que nos diriximos foi o bar do pobo "A Retoral", aquí falamos con varios veciños do pobo que nos deron a súa opinión, que para a nosa sorpresa foi favorable a mina. Hai que ter en conta que todos os do bar eran homes e ían a traballar na mina, o cal evidentemente influía no seu ponto de vista.
Os argumentos que aportaban eran principalmente económicos. A mina representaba para eles unha saída os problemas de desemprego e de emigración da poboación nova nunha zona envellecida e cun elevado peso da agricultura. Moitos dos casos, incluido o dono do bar, eran persoas que rondaban os 60 anos e que xa emigraran no pasado en busca de traballo, ou mesmo varios membros da mesma familia tiñan traballo na mina.
A visión que teñen da empresa é moi positiva e pensan que lles está axudando e que pode ser moi bo para a zona e que achegaría poboación. En palabras do dono do bar en resposta a se estaba dacordo coa mina "Mentres de traballo está ben".
Esto sorprendeunos moito xa que pensábamos que en Corcoesto a maior parte da xente estaría en contra da mina, e non foi esa a impresión que nos deu o visitar a parroquia. Dende o noso punto de vista comprendemos os argumentos da xente coa que falamos, ainda que non entendemos que non exista unha preocupación polo medioambente.
O que hai que dicir é que a esta xente tamén hai que tela en conta, aínda que fagan menos ruído que os que están en contra.
A continuación fomos visitar o emprazamento da mina e atopámonos coa maquinaria, as sondaxes e os materias para facer o traballo previo a apertura.
Aquí deixamos algunhas das fotos que fixemos.
Coa visita á mina puidemos darnos conta do verdadeiro impacto ambiental e paisaxístico que vai ter este proxecto, xa que vai ocupar unhas grandes extensións de terreo.
Tamén puidemos atopar aquí mostras da oposición a mina, aquí algunhas.
Que vos parece? Esperávadesvos isto? Vós estades dacordo ou en contra?
Asinado: Arturo Pérez González, Miguel Núñez Torres, Daniel Barreiro Quintáns, Julien Labarbe.
A verdade é que non me sorprende nada que indo ao bar da Rectoral atopásedes só xente favorable ao proxecto.
ResponderEliminarE se ides a Génova, a se do PP en Madrid, seguramente a maioría das opinións será favorable ao goberno actual. :-D
Estimados amigos universitarios:
ResponderEliminarPermitídeme que, con todo o agarimo do mundo e o máximo respecto a vós, faga un comentario en relación con este apartado do voso traballo.
O voso coñecemento da aldea foi algo semellante a se cando fas unha viaxe a un país estranxeiro, realízalo mediante unha viaxe programada. De antemán, debes saber que non vas ter contacto coa xente real e que che vas a perder moito do país que visitas. No voso caso, o tema agrávase bastante porque coñecedes a lingua que se fala e debedes estar ao tanto dos usos e costumes das aldeas galegas.