Neste Post tentaremos amosar os principais problemas
que se atoparon na Avaliación de Impacto Ambiental facilitada por Alba
Nogueira.
Avaliación de Impacto Ambiental da Mina de Corcoesto.
Os maiores problemas a nivel ambiental, atopáronse co
deseño da Balsa de lodos, co sistema de distribución de enerxía, cos ruidos,
coa protección do solo e co Lic Río Anllóns.
Balsa de lodos
A balsa de lodos
ubicarase no val de Lourido, nas proximidades da zona minera. O deseño da misma
obedecerá a normas internacionais específicas.
A pregunta é, existen
realmente normas que regulen isto?
Sistema de distribución de enerxía
A zona do proxecto está atravesada pola línea de alta
tension do sector 2810 de Unión Fenosa, de 66 kV que vai de Cabana a Carballo.
Esta línea vaise desviar para non ser afectada pola explotación.
Pero, como se vai facer este desvío? Existe un acordo
con Fenosa? Pode esto afectar a terceiras persoas?
Xeración de ruidos
A explotación desenvolverá as súas actividades en
horario diurno e nocturno e moi próxima as vivendas. Existen actividades
potencialmente xeradoras de ruido como poden ser as voladuras, operacións de
carga e descarga, circulación de maquinaria e vehículos de gran tonelaxe,
operacións de trituración e outras.
Protección do solo
Nas proximidades da area onde se van ubicar as
instalacións da explotación, existe unha zona catalogada como Suelo rústico de
protección de vales e cauces. Esta zona atópase dentro dos límites da concesión
mineira, aínda que sobre ela non se vai a levar a cabo ningunha actividade. O
punto máis cercano da explotación ao río Anllóns está a máis de 100 m de
distancia.
Si esto é así habería que comprobar como isto pode
afectar a este espazo.
Lic Río Anllóns
O Lic Río Anllóns na zona próxima a area de explotación
mineira clasifícase como Zona de Uso Moderado (ZPDG-4) que corresponde a
territorios con valor de conservación medio. Trátase dunha area en mosaico, na
que en conxunto predominan medios antrópicos e seminaturais. Nas inmediacións
da zona do proxecto o valor de conservación do LIC Río Anllóns presenta un predominio
da clasificación alto-moi alto, con zonas puntuales valoradas como baixo.
Estos serán a grandes rasgos os maiores inconvintes ambientais
que xerará a mina. Que opinades vós?
Firmado: Arturo Pérez.
Un avance do artigo sobre a contaminación por arsénico do esteiro do Anllóns, na web da Sociedade Galega de Historia Natural:
ResponderEliminarhttp://www.sghn.org/