
Ao longo dos próximos meses trataremos de facer unha
análise crítica sobre o conflicto xerado arredor da reapertura da mina de ouro
de Corcoesto en Cabana de Bergantiños, aportando o maior número de puntos de
vista afectados directamente por este proxecto.
Nesta ocasión gustaríanos dar a coñecer o noso
logotipo e as razóns do seu deseño. Este xurde a partir do desencadeante do
conflito que trataremos na nosa investigación , o ouro. O logotipo, como
creemos que é evidente, representa uns lingotes vistos de perfil que constitúen
a imaxe máis común e recoñecible do mineral dourado.
As cores elixidas foron o amarelo e o verde, o
primeiro, como acabamos de dicir, está relacionado coa imaxe que se ten do
ouro. A segunda cor, o verde, foi elixido porque normalmente está asociado co
medioambiente e a natureza, dous aspectos que se ven directamente afectados
pola apertura da mina.
De esta forma tratamos de representar os intereses
contrapostos no conflito a estudar, por un lado o beneficio e prosperidade
económica da zona, e por outro a defensa do medio.
Esperemos que éste
blog sirva como punto de información e debate para calquera interesado no tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario