lunes, 15 de octubre de 2012

Interese da investigación




A elección da Mina de Corcoesto como tema de investigación do blog veu motivada por distintos intereses que serán explicados neste novo post.

A magnitude da explotación mineira terá unhas enormes repercusións sobre a zona. A idea é ter unha visión de conxunto de todos os problemas relacionados coa mina e coas partes afectadas polo proxecto. 

Por unha banda, a investigación levaranos a tratar de coñecer os intereses económicos, ben sexa de veciños, institucións ( Concellos, Xunta de Galicia, o Estado...) ou da empresa explotadora do xacemento, así como a coxuntura económica internacional que reavivou o interese polo ouro.

Outro punto a tratar é o impacto medioambiental sobre a zona e as posible consecuencias sobre a flora, a fauna, as augas a paisaxe... así como os movementos en defensa destos e a súa relación coa economía.

Os dous puntos anteriores permitennos ver a confrotación entre as partes implicadas, por un lado as que están a favor da explotación e os que están en contra, ben sexan por intereses económicos ou ambientais.

Tamén é de interese o marco legal ao que está suxeito a explotación e os problemas xudiciais nos que se está vendo involucrada así como a estraña organización da empresa explotadora.

Xa para rematar e tras comparar con casos xa existentes intentarase facer conclusións que permitan coñecer se a mina vai a ter ou non unha influencia salientable na zona.

Estes son os punto básicos que plantexamos para elaborar a investigación, pero estamos abertos a incorporar novos temas durante o transcurso do estudo a medida que vaiamos coñecendo mellor o que en Corcoesto está a acontecer, así como tamén estamos abertos as suxerencias que nos podan chegar a través dos comentarios e da interacción no blog.


6 comentarios:

  1. Alégrome de que xordan iniciativas coma estas para debatir temas tan interesantes como o que neste blog se presenta, paréceme imprescindible a utilización das novas teconoloxías como puntos de debate de temas conflictivos onde poidamos expresar as nosas opinións

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, intentaremos que así sexa.

    ResponderEliminar
  3. Nesta páxina tendes un pouco de información sobre o tema:
    http://nonaminadecorcoesto.blogspot.com.es/p/mais-informacion.html
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  4. É moi importante coñecer directamente aos afectados, tanto directa como indirectamente. Tedes identificados aos veciños implicados?

    ResponderEliminar
  5. Por agora, estamos concertando unha serie de entrevistas. Por un lado con Aurelio Nuñez deputado do PP por Carballo para que nos aporte un punto de vista distinto, o do político. Por outra banda con Alba Nogueira que é experta en dereito medioambiental, para que nos fale do marco lexislativo da mina. E por último coa Plataforma de Defensa da Mina. Unha vez teñamos as entrevistas as subiremos. En canto o tema dos veciños implicados pensabamos facelo cando visitemos a mina e teñamos xa unha información de diversos puntos de vista extraida das diversas entrevistas a estas persoas.

    ResponderEliminar